Skip to main content
Lugo

A Muralla celebrou ao son da música de corais o seu aniversario como patrimonio mundial

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua asistiron no Vello Cárcere ao encontro de corais co que o Concello de Lugo celebrará o 23 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que “celebramos unha data moi relevante na historia de Lugo, o aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade do noso monumento máis importante”.

As corais do Hospital, Lugh realizaron un concerto no Vello Cárcere, realizando unha homenaxe coral á muralla. “A tradición da música coral que hai en Lugo pareceunos o mellor xeito de render unha homenaxe musical á muralla”, explicou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro afirmou que “o recoñecemento da Muralla sería imposible sen a gran implicación que demostraron as institucións e a veciñanza de Lugo”, e animou a todas as veciñas e veciños de Lugo “a gozar da muralla e a asistir ás actividades que celebran esta data tan sinalada para a cidade”.