Skip to main content
Lugo

O PP apoia a creación de mecanismos para dar voz aos maiores

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O PP de Lugo di que os maiores son “un colectivo estratéxico” e apoia a creación de mecanismos para darlles voz e participación no ámbito local.

Os populares, tras reunirse coa directiva da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, anuncian  que solicitarán a creación do Consello e a Oficina Municipal do Maior

“A nosa obriga é escoitar aos maiores e ter en conta as súas opinións, preocupacións e gustos co obxecto de satisfacer, na medida do posible, as súas demandas”

O Consello Municipal do Maior consensuará propostas que se elevarán ao pleno, mentres que e a Oficina do Maior terá por obxecto asesorar e axudar ás persoas que en moitos casos teñen problemas de acceso á información pola brecha dixital e precisan dun asesoramento personalizado.

Os populares afirman que con estas ferramentas “aproveitaríamos a súa valiosa experiencia, dándolles o protagonismo que merecen, cun papel activo que non só se limite a accións de envellecemento activo e saúde”.

Os populares insisten na necesidade de que a administración local sexa “máis accesible e para iso habería que simplificar os documentos municipais como resolucións, comunicacións oficiais e trámites habituais que se fan no concello”.

Gustavo Díaz insiste en que “é prioritario estender a linguaxe sinxela en tramites habituais que expliquen como se pide un certificado de empadroamento, unha domiciliación ou como acceder ao SAF”.