Skip to main content
Lugo

Lugo conmemora o Día Internacional do Voluntariado

Por 6 Decembro, 2023Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse este martes ao acto organizado na Praza Maior de Lugo pola Rede de Voluntariado Lucense para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado. As organizacións e entidades que forman esta rede participaron na lectura dun manifesto que recolle os principios, valores e obxectivos do voluntariado.

Arias destacou que Galicia é unha das comunidades máis solidarias a nivel estatal, que conta con máis de 1.000 entidades e máis de 55.000 persoas voluntarias inscritas no rexistro oficial da Xunta. Neste sento, explicou que a Administración autonómica fomenta o voluntariado a través da convocatoria anual de axudas para desenvolver programas no conxunto da comunidade. As achegas van destinadas ás entidades de acción voluntaria e ás administracións locais, e desde 2022 convócase unha nova orde para programas de voluntariado interxeracional no medio rural.

Deste xeito, quixo poñer en valor o programa de voluntariado ambiental interxeracional, que chega este ano á terceira edición. Ao abeiro desta iniciativa, programáronse accións para coidar o patrimonio natural en espazos como as reservas da biosfera Terras do Miño; Río Eo, Oscos e Terras do Burón; Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel; no ZEC canón do Sil e na reserva Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, entre outros lugares.