Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental recurrirá gratis as liquidacións de taxas dos seus asociados

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

Despois de que a directiva do colectivo Lugo Monumental fixera chegar ao Concello a súa protesta para que se manteñan a exención de taxas de terrazas, aseguraran non recibir ningunha comunicación formal ou informal por parte do Goberno Local e non acepta as explicacións deste.

Dende o colectivo indican que non é razoable un erro por parte do Concello supoña un desembolso inesperado por parte dos hostaleiros que se unirá cos das taxas do 2023. Ademais, aseguran que o Goberno non aclara que versión da Ordenanza Fiscal 152 está aplicando, o que non é un asunto menor. Deste xeito, as taxas que se recollen na liquidación remitida aos hostaleiras é a da Ordenanza de 2017. Pero, aseguraran, existe outra posterior que a derrogaría aquela. Esta última foi a que recorreron ante o TSXG ditándose a Ilegalidade dos coeficientes empregados polo Concello.

A asociación sostén que, se o Goberno aplica as taxas da ordenanza do 2017, seguirían suxeitos polo resto do articulado da de 2020, que non foi anulado e na que se contempla unha bonificación do 60% das taxas para o 2022 e un 30% para o 2023. Neste censo, manteñen que en vez dos 19,32 € por metro comunicados  terían que bonificar 7,23 € por metro cadrado nas zonas de primeira categoría.

Como consideraran que as liquidacións están mal feitas, desde Lugo Monumental tramitarán aos locais asociados e sen custe para eles os recursos para que se anulen as liquidacións e que, no peor do casos, se volvan a realizar contemplando a redución prevista na ordenanza de 2020.