Skip to main content
Lugo

O PP afea á alcaldesa pola súa ausencia no acto de conmemoración da Constitución en Lugo

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O vicevoceiro popular Enrique Rozas lamenta que a alcaldesa de Lugo non asistirá este mércores “nun momento absolutamente transcendental” ao acto institucional do 45 aniversario da Constitución que se celebrou una Subdelegación de Lugo.

Para o popular é unha contradición que a Lara Méndez se lle encha a boca de falar da democracia e da igualdade entre a cidadanía e logo nun día tan importante non estea presente, como máxima autoridade, en representación do Concello de Lugo

O popular asegura que “temos unha alcaldesa á fuga” que desaparece da cidade cando ten o casco histórico en obras provocando problemas de convivencia por falta de planificación e afectando ás vendas da campaña de nadal do pequeno comercio.

Rozas tamén lamenta que a alcaldesa minimice malas decisión e malas prácticas administrativas que provocan que se lles cobre aos hostaleiros as taxas polas terrazas do exercicio de 2022 incumprindo a súa palabra e tamén recrimina que desapareza de  Lugo sen dar explicacións da tala indiscriminada de árbores na rúa Montevideo

Dende o Grupo Popular consideran que a asistencia hoxe da alcaldesa de Lugo ao acto conmemorativo da Constitución era obrigada xa que hoxe “é máis importante que nunca poñer en valor a Constitución xa que nunca estivo tan ameazada a unidade de España”.