Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo propón incluír a construción dun aparcadoiro en Fontiñas nos orzamentos 2024

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular presenta unha trintena de propostas para incorporar nos orzamentos municipais de 2024. A voceira popular Elena Candia explicou que a batería de propostas que farán chegar ao goberno local para que as teña en conta na elaboración do documento de orzamentos para o vindeiro exercicio forma parte “do traballo proactivo e construtivo que realiza o Grupo Municipal”

Na rolda de prensa de hoxe os populares lamentaron que, a estas alturas, aínda non se coñeza nada sobre o documento de traballo máis importante que ten o goberno local para marca a folla de ruta dos investimentos para o 2024 no municipio de Lugo.

Os populares recrimínalle a socialistas e nacionalistas que “aínda non puxeran en axenda local un tema tan urxente como este avanzando que pedirán, a través de todos os mecanismos que temos ao noso alcance, a posibilidade de participar e axudar na súa elaboración”

Tamén lamentaron que a aprobación deste documento orzamentario xa vaia moi tarde e que incumprirá os prazos que marca a lei”. Entre as propostas do bloque de Conciliación e Benestar, pretenden desenvolver un Plan Local de Saúde Mental, a creación no polígono industrial CEAO/Gándaras de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores e empresarios destas zonas industrias e o fomento da participación da terceira idade cunha Oficina do Maior que impulse, entre outros, programas de acompañamento contra a soidade non desexada.

Asesorar aos cidadáns afectados por ocupacións ilegais

O grupo popular tamén insta a instalación de Cámaras de Videovixilancia no polígono CEAO, na contorna de monumentos históricos e puntos emblemáticos para evitar ataques contra o patrimonio e en zonas con especial sensibilidade na cidade. Ademais, inclúen a creación dunha oficina de asesoramento para os cidadáns afectados por ocupacións ilegais de vivendas e a dotación para a posta en marcha dunha Nova Delegación da Policía Local na zona norte

No plano de urbanismo, propoñen un Plan de eliminación progresiva de Tapóns Urbanísticos, maior axilidade na tramitación das licenzas, a actualización do PEPRI, a revisión do PXOM e a aposta pola Rehabilitación.

Zona rural e medio ambiente

Por outra banda, demandan a adquisición dos terreos necesarios para desenvolver o proxecto da Unión Parque Miño y Rato para pechar o cinto verde de Lugo, a creación da Zona de Baño no Río Miño e a Renovación das Tubaxes do polígono do Ceao.

Con respecto á zona rural, impulsan o saneamento e Abastecemento na Zona Rural, un Plan de infraestructuras e a dinamización nos Centros Sociais. Noutra liña, queren transporte Urbano gratuíto para xubilados e pensionistas, a construción dun aparcadoiro en Fontiñas e estudo doutras zonas de aparcadoiro disuasorio no entorno do casco histórico e a mellora e humanización da entrada de Lugo pola Fervedoira da Avenida Adolfo Suárez.

Impulsar a marca Lugo Cidade Universitaria

No marco económico, solicitan a supresión da Plusvalía, promoven un Plan de Choque Municipal contra o peche de negocios e que abarque tamén aspectos relacionados coa renovación e modernización do pequeno comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías. Ademais, queren que se impulse a marca Lugo Cidade Universitaria coa posta en marcha dun plan de vivenda para a emancipación dos mozos e que se leven a cabo Incentivos Fiscais para o sector primario.

Na súa proposta, sitúan a mellora da coordinación do persoal ben para mellorar a prestación de servizos á veciñanza, a construción de novas infraestruturas deportivas como Novo Pavillón e Novo Campo de Fútbol, cubrir unha das pistas de tenis do Palomar e o campo da petanca e ampliación o proxecto do novo circuíto de Motocross como puntos fundamentais. Deste xeito, impulsan a cultura como xeradora de emprego e apostas polos tres Patrimonios da Humanidade, a posta en marcha do Auditorio Municipal da Avenida de Magoi e unha programación cultural aberta e para todos.