Skip to main content
Lugo

Invístense 99.000 euros para dotar á residencia LUG I dun ascensor

Por 8 Decembro, 2023Decembro 9th, 2023Sin comentarios

As obras levadas ao cabo na residencia xuvenil LUG I – pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta– para a instalación dun ascensor no edificio chegan a súa fin cun investimento de 99.000 euros.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o ascensor pretende dar servizo a todas as plantas do complexo salvo o soto. A obra obrigou a realizar reformas en todos os pisos co fin de gañar o espazo suficiente para construír o oco polo que pasa o ascensor.

A cabina instalada ten unhas dimensións axeitadas para acoller a oito persoas e para albergar cadeiras de rodas. Arias destacou que tras incorporar este servizo, a residencia será máis accesible e cómoda para os seus usuarios. O centro distribúese en cinco plantas –baixa e catro altas- ,ademais dun semisoto e un soto; e conta con 75 prazas para aloxar a estudantes durante o curso escolar.

O delegado destacou que a Xunta executa melloras constantes no complexo xuvenil LUG, entre as que mencionou algunhas das máis recentes, como o pintado das fachadas de ambos edificios -LUG I e LUG II – cun investimento de 96.700 euros; a renovación das carpinterías exteriores do LUG II para incrementar a eficiencia enerxética e a renovación de aseos, mobiliario e equipamento.