Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Campus Terra ofrece un relatorio sobre as plantacións forestais en África

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O consultor internacional e ex profesor da Universidade de Stellenbosch, en Suráfrica, Cori Ham, ofrece o vindeiro venres 15 de decembro en Lugo o relatorio ‘Plantacións forestais en África do Leste’. A actividade terá lugar, a partir das 9.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

A participación de Cori Ham nesta sesión con alumnado da sede universitaria luguesa responde ao interese amosado por Margules Groome, consultora na que traballa o ponente, así como por outras consultoras internacionais, por captar profesionais e investigadores interesados en traballar en proxectos relacionados cos mercados de carbono e sistemas de monitorización forestal a gran escala.

Trátase dunha sesión divulgativa promovida polo investigador ‘Ramón y Cajal’ no Campus Terra da USC César Pérez Cruzado.