Skip to main content
Lugo

A Residencia das Gándaras inicia un ciclo de entrevistas con persoeiros de Lugo

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

A Delegación Territorial da Xunta organiza na residencia de maiores das Gándaras un novo ciclo de entrevistas realizadas polos usuarios a persoas de diferentes ámbitos da sociedade lucense, unha actividade que xa se ofreceu o ano pasado e tivo moi boa acollida no centro.

O primeiro entrevistado desta edición foi o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que onte conversou cos residentes e respondeu ás súas preguntas. Para a próxima semana xa está confirmada a presenza de Tino Saqués, presidente do CD Lugo, o martes 19; Carmen Lence, CEO do grupo Lence, o mércores 20; e María Jesús Pérez Taboada, directora de Enfermería da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, o venres 22.

O ciclo continuará nas vindeiras datas coa participación de máis persoas dos eidos do deporte, da cultura, da sanidade e do tecido empresarial da cidade. O obxectivo é dinamizar a residencia e axudar aos usuarios a levar unha vida activa e participativa.