Skip to main content
Lugo

A orquestra Terra Nova actuará gratuitamente en varios locais da hostalaría

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

A banda, integrada por mozos e mozas de Lugo, ofrecerá actuacións duns 30 minutos en 17 locais da cidade desde o vindeiro xoves 21 ata o próximo día 30 de decembro.

Durante as dúas últimas semanas do ano haberá concertos gratuítos da orquestra Terra Nova en establecementos de hostalaría da cidade. Deste xeito, a banda, integrada por mozos e mozas de Lugo, ofrecerá actuacións duns 30 minutos en 17 locais da cidade desde o vindeiro xoves 21 ata o día 30 de decembro. “O obxectivo deste programa de actuacións é dinamizar os locais lucenses ofrecendo a súa clientela actuacións musicais durante a esta época da man desta formación de recente creación integrada por mozos e mozas lucenses e dirixida polo prestixioso músico Nicolás Ravelli Barreiro”, sinalou Repetto.

Esta medida, promovida pola área de Dinamización Económica en colaboración coa APHEL, súmase a outras xa postas en marcha en prol do comercio local como o mercado de Nadal situado na praza Maior. “Serán pequenos concertos de, aproximadamente, media hora, que terán lugar polas tardes, a partir das 18.30 horas”, explicou o edil. “Desde o Goberno local queremos contribuír, dentro das nosas competencias, a que as prazas e rúas de Lugo conten durante estas festas cun ambiente que invite á participación cidadá para así incentivar o consumo e promover a socialización. Por iso ofrecemos a través da APHEL a todos os seus socios e socias poder participar neste proxecto”, informou o concelleiro responsable da área de Dinamización Económica.

Así mesmo, Repetto convidou a toda a veciñanza a acudir aos establecementos adscritos a esta iniciativa para gozar do ambiente e apreciar a calidade musical destas talentosas promesas musicais. Así, o próximo xoves, sempre en horario de tarde, o espectáculo comezará ás 18.30 horas no hotel Mercure, continuará na pizzería Bocalino e rematará na cafetería Argallo. Pola súa parte, a semana de fin de ano, os concertos rematarán o sábado día 30 coas actuacións no Eslava, no Salpicón e o peche definitivo no Dotmas, no barrio da Milagrosa.

PROGRAMA COMPLETO:

  • – Xoves, 21: Hotel Mercure; Bocalino; Argallo.
  • Venres, 22: Santeiros; Victoria.
  • Sábado, 23: Hotel Mendez Núñez; Café San Marcos; Quimera.
  • Xoves, 28: Barros; O Paseo; Karrusel.
  • Venres, 29: Fiordilatte; La Esquina; La Capital.
  • Sábado, 30: Eslava; Salpicón; Dotmas.