Skip to main content
Lugo

O PP considera que os orzamentos de Lugo crecen de forma desmedida en gasto

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

O PP fixo unha crítica aos orzamentos para o ano 2024, que asegura que crecen de forma desmedida no gasto e que por cada 100 euros, unicamente 8 son destinados a investimentos.

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia, participou no Consello económico e social no que se deu conta do proxecto de orzamentos para o ano 2024. “Unhas contas que amosan unha situación preocupante que obriga a concertar unha operación de endebedamento por importe de 13,5 millóns de euros pola inexistencia de recursos propios suficientes para afrontar os gasto”, dixo.

Afirman que os investimentos previstos amosan unha pírrica inversión, cunhas deficientes partidas para servizos básicos como son o saneamento ou o abastecemento, que ademais de escasos ignoran a unha gran parte do territorio do municipio.

“O proxecto de orzamento presentado no día de hoxe non recolle as advertencias realizadas pola intervención xeral no seu informe e que xa advirte do curto período de tempo para o estudo da documentación, da falta de estudos económicos adaptados ás circunstancias actuais de prestación de servizos ou a que o aforro neto resulta minguado e insuficiente en determinados tipos de ingreso, con importes que puideran pecar de excesivamente optimistas”, engade.

Critica tamén que o gasto corrente medra sen contención facendo que a administración local sexa refén da recadación por vía das multas e das inspeccións, única vía que o goberno local atopa para acadar a cobertura deste tipo de gasto.

Candia afirma que a colaboración de outras administracións establécese como unha pedra angular para a execución orzamentaria e que “as advertencias realizadas nos diferentes informes ou a falta de documentación como o plan cuadrienal de investimentos denotan a falta de rigor e o traballo contrareloxo levado a cabo polo goberno municipal”.