Skip to main content
Lugo

A residencia de maiores da Milagrosa celebrou o seu 43 aniversario cunha festa

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

A residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo, que depende da Consellería de Política Social e Xuventude, celebra hoxe unha xornada especial para conmemorar o seu 43 Aniversario e a chegada do Nadal. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aproveitou a ocasión para felicitar ao centro e gabar o seu traballo.

A xornada comezou con música de benvida, a cargo do dúo D´ Caché, e serviuse un aperitivo e un xantar especial. Pola tarde continuará a diversión cun bingo especial de Nadal e a actuación do grupo de música tradicional galega Toxo queimado.