Skip to main content
Lugo

Avanzan na renovación da rede de alumeado cunha intervención en Quiroga Ballesteros

Por 23 Decembro, 2023Decembro 24th, 2023Sin comentarios

Renóvanse, en total 21 luminarias, cun aforro de 6269 kWh, mellorando a eficiencia e a uniformidade do alumeado, e eliminando elementos contaminantes utilizados nas antigas luminarias.

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou unha nova actuación dentro do plan de renovación de alumeado público da Tenencia de Alcaldía. “Seguimos a traballar na redución do gasto público en alumeado mentres melloramos a calidade e a eficiencia da rede, aumentando a iluminación en zonas escuras e retirando as luminarias con elementos contaminantes”, explicou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo está a renovar as luminarias da rúa Quiroga Ballesteros, instalando novas luminarias e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. En total, substitúense 21 luminarias de entre 70 e 160 kWh por LED de entre 20 e 50W, cun investimento próximo aos 5.000€.

O consumo enerxético do alumeado desta zona reducirase en 6.269kWh, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Arroxo lembrou que a concellería de Infraestruturas realiza un gran investimento anual na renovación do alumeado público, “con actuacións que permiten aforrar cartos de todas e todos os lucenses na factura da luz que ten que asumir o Concello”, explicou.