Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Quiroga convértese na capital do voleibol galego grazas ás xornadas de formación da Federación

Por 10 Decembro, 2023Decembro 11th, 2023Sin comentarios

A Federación Galega de Voleibol celebraba o mércores e o venres as súas tecnificacións nas Xornadas de Supervisión e de Desenvolvemento e Formación en Quiroga.

O mércores desenvolveu a xornada técnica na categoría masculina. Na categoría cadete os participantes adestraron entre as 10.00 horas ata as 12.00 e pola tarde de 15.00 a 17.00 horas. Pola súa parte, na categoría infantil os adestramentos desenvolvéronse entre as doce do mediodía e as dúas da tarde e as cinco da tarde e as sete.

Por outra banda, o venres continuaba a concentración no pavillón municipal. As categorías alevín masculina e feminina adestraban entre as dez da mañá a doce do mediodía e de tres da tarde a cinco. Nesta xornada tamén  participaban as xogadoras alevíns das EDM Quiroga que se inscribiran previamente.

Con esta nova concentración da Federación Galega de Voleibol continúase co convenio asinado co Concello de Quiroga para levar a cabo durante o ano nas instalacións municipais varias xornadas de preparación de voleibol.

Durante estas xornada, tanto xogadores como adestradores desprazaranse ata Quiroga para realizar actividades e ver posibles novos membros para a selección.