Skip to main content
Chantada

A iluminación e decoración de Nadal de Chantada quedará inaugurada o luns

Por 2 Decembro, 2023Decembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Chantada traballa para ofrecer a mellor imaxe da vila durante o Nadal, tal e como explican, a través dunha decoración sostible con material reutilizado e recreando aspectos da tradición de Chantada e das súas xentes.

“Se recentemente acabamos de revalidarnos como Vila en Flor pola xestión que facemos dos nosos espazos verdes e urbanos, cun plantexamento no que priorizamos o medio ambiente, a decoración deste Nadal dará boa mostra da atención que prestamos á reutilización de materiais e o valor que lle damos á nosa historia, á nosa tradición e ao noso día a día”, sinala o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

A iluminación e decoración de Nadal, elaborada polo equipo de Parques e Xardíns, quedará inaugurada este luns, 4 de decembro, e ata o 8 de xaneiro encherá de fantasía e ledicia as prazas e rúas de Chantada para contaxiar o espírito do Nadal entre veciños e visitantes e dinamizar comercio e hostalería.

A proposta decorativa segue a ser eminentemente artesanal, pero este ano presenta novidades e unha iluminación renovada e ampliada, xa que na Praza do Cantón contarase co Poboado de Nadal no que se combinan elementos da vida no rural e na zona urbana sen esquecer o aspecto festivo destas datas. Esta montaxe incorpora a casiña de Papá Noel para que a poidan visitar as/os máis pequenas/os da casa.