Skip to main content
Chantada

Chantada Quere Sanidade congregou centos de persoas diante do centro de saúde de Chantada

Por 3 Decembro, 2023Decembro 4th, 2023Sin comentarios

Centos de veciños de Chantada concentráronse diante do Centro de Saúde da vila convocados pola plataforma Chantada Quere Sanidade para protestar pola situación que vive a comarca na atención sanitaria.

Esta é a segunda concentración que se fai en Chantada no prazo de un mes, o número de personas que esta vez se concentraron foi maior ca anterior dando mostra do malestar social e en aumento que a carestia de atención sanitaria está xerando na veciñanza de Chantada e Carballedo.

“Se a situación se estaba deteriorando dende fai anos, na última semana volve ser crítica. Os problemas son moitos, pero podemos destacar que as xubilacións, vacacións e baixas non se cobren, sanitarios desbordados, pacientes que esperan citas de atención primaria durante semanas, citas que se cancelan, ou pacientes que acoden ao centro de saúde cunha cita e infórmanos que o seu médico ou enfermeiro de referencia non está e non serán atendidos. Esta situacion de deterioro non ten freo, nos últimos días sen ir máis lonxe so dous médicos atenden unha poboación de preto de 8.000 persoas”, explican desde a plataforma.

Unha situación que debe cambiar

A plataforma Chantada Quere Sanidade e os veciños e as veciñas da vila entenden que esta situación non pode continuar: “unha atención sanitaria deficiente tarde ou cedo afectará á saúde xeral da poboación”.

Ademais de ler un manifesto e informar aos asistentes das últimas problemáticas acontecidas, tamén se recolleron firmas e se trasladou a intención de convocar unha manifestación masiva en xaneiro, liña na que a coordinadora da plataforma xa está a traballar arroupada polos veciños de Chantada e Carballedo e outras plataformas galegas que traballan na defensa da sanidade.

A plataforma durante o acto queixouse da falta de implicación por parte do Concello de Chantada, xa que ninguén estivo presente na concentración, nin o alcalde nin nadie do equipo de goberno “se dignaron a apoiar esta iniciativa en defensa dos intereses dos cidadáns”, critican os de CQS.