Skip to main content
Chantada

Interior Galego Vivo organiza unha xornada para construír un programa ao servizo do rural

Por 7 Decembro, 2023Decembro 8th, 2023Sin comentarios

Interior Galego Vivo organiza unha xornada este sábado, 9 de decembro, para promover o diálogo e a aprendixaxe colectiva a través de dúas mesas nas que se abordará a construción dun programa ao servizo do rural e contribuír a que o acordo amplo tratado na asemblea poida ser unha realidade.

O Casino de Chantada será o lugar onde se desenvolverá este encontro, que comezará ás 12.00 horas, no que poderán participar todas as persoas con inquedanzas sobre o tema para aportar a súas ideas.

Así, falarase das problemáticas e das propostas “para mellorar os nosos territorios con especial atención na agrogandeiría, á cultura, os servizos públicos como a sanidade e o ensino…”, explican desde IGV.

Desenvolvemento da xornada

Así, contarase coa sociedade civil na primeira mesa para presentar propostas programáticas para o interior rural galego, coa presenza de Ana Rodríguez, gandeira e boa coñecedora da PAC; Jorge Lorenzo, concelleiro de IGV e sanitario, e a actriz María Vázquez.

Con respecto á segunda mesa, que transcorrerá entre as 13.00 e as 14.00 horas, falarase sobre o acordo amplo que contribúa a permitir unha mudanza na Xunta, “que é imprescindible para o país, xa que as políticas do PP están arrasando Lugo e Ourense”, denuncian.

IGV aposta así por un acordo amplo para posibilitar a mudanza que a Xunta precisa, “por iso propoñemos a Bloque Nacionalista Galego, PSOE e Sumar Galicia dialogar. Un debate político de cara as Galegas, onde escoitar o parecer de cada forza”, conclúen.