Skip to main content
Chantada

As persoas interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego de Chantada xa poden inscribirse

Por 11 Decembro, 2023Decembro 12th, 2023Sin comentarios

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 2023/24 comeza esta semana coa selección das 100 persoas desempregadas que van poder participar nas accións deste proxecto.

Para as persoas interesadas, o requisito imprescindible é estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego coma demandantes de emprego.

As e os candidatos á selección están sendo citados mediante carta, pero se algunha persoa non convocada está interesada, pode achegarse a Chantada o 12 de decembro, a Cea e Carballedo o 13 de decembro, a Coles e á Peroxa o día 14, a Pantón e Sober o día 15, a Bóveda e ao Saviñao o 18, e Taboada e Paradela o día 19 e a Vilamarín o día 20.