Skip to main content
Chantada

Por Chantada demanda responsabilidades políticas pola crítica situación do PAC

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

Por Chantada demanda responsabilidades políticas pola “crítica” situación do PAC de Chantada. Segundo expoñen, para agravar a situación, agora as persoas sanitarias fican sen servizo de taxi, como mínimo deica o luns. “Isto significa que deberán tirar de ambulancia para calquera saída desde o PAC tamén para as atencións domiciliarias que se fan os sábados á mañá e en caso de emerxencia atrasaríanse os tempos de resposta ao ocupar a ambulancia para saídas onde non sería necesaria. E o luns veremos que pasa para os servizos de anticoagulante”, denuncian.

Esta mostra “de incompetencia do Sergas vén dada pola negativa da xerencia a negociar cos taxistas”. Segundo eles, cada semana que pasa queda máis claro que “a folla de rota do PP procura á mantenta que a sanidade funcione mal porque senón é malo de entender semellante cúmulo de despropósitos”.

Neste censo tamén critican a actitude do alcalde. “Onte no pleno o alcalde aínda tivo valor a dicir que facía o que podía e que a cousa aínda vai ser peor por xubilacións e mesmo acusou de mentireiros as veciñas e veciños que lle lembraron na rúa que preferiu as siglas a mollarse e moverse por algo tan básico e esencial como unha atención sanitaria pública e digna para todas e todos. Nada novo como cando votaba en Lugo contra os cartos do canon para Chantada”.

IGV entende que desde a Xunta e o PP deben asumir responsabilidades e cesar as persoas que son incapaces de xestionar algo tan importante e básico como a sanidade pública. “Arestora nas comarcas rurais temos de facto suspendido o dereito constitucional á sanidade”, conclúen.