Skip to main content
Pantón

As rúas e espazos de Pantón xa están decorados da man de dúas asociacións

Por 9 Decembro, 2023Decembro 10th, 2023Sin comentarios

Membros da Asociación Segredos de Pantón, xunto con membros da Asociación de Veciños de Tuiriz con U, ámbolos dous veciños de Pantón, veñen de decorar por terceiro ano o Concello por Nadal.

Así, decoraron as rúas do municipio, así como as contornas das igrexas de Santa María de Tuiriz e do Santuario do Carme.

Desta maneira os veciños e veciñas de Pantón poderán estar ledos por desfrutar dunha decoración de Nadal que anime os seus días.