Skip to main content
Pantón

Os nenos e as nenas son os protagonistas da programación de Nadal en Pantón

Por 17 Decembro, 2023Sin comentarios

Pantón dá por iniciado o seu Nadal ao acender o alumeado de Nadal na capitalidade municipal. Mentres asociacións e colectivos veciñais levan tempo traballando na decoración das súas parroquias para estas festas. A primeira cita da programación de Nadal é este domingo, 17 de decembro, cun concerto do Grupo Folk de Ribas de Sil, a partir das 18.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Pantón. A entrada é libre e gratuíta.

Como tódolos anos o concello de Pantón convoca dous concursos para este Nadal. Por unha banda, o Concurso de Beléns para o que hai prazo aberto de inscrición ata o día 23 deste mes.  O concurso está aberto á participación de asociacións, familias e persoas a nivel individual do municipio.

Para inscribirse deben de acudir á casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 ou chamar por teléfono ao 982 456 377. Tamén aquí pódense inscribir ata o 23 de decembro as nenas e nenos interesados en presentar os seus traballos ao Concurso de Postais de Nadal. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade do participante na parte posterior.

Non faltarán ao Nadal de Pantón, Papá Noel e os Reis Magos. No acceso á casa cultura, a cativada contará co Buzón no que deixar os seus desexos para este Nadal. Os máis cativos seguen sendo protagonistas do Nadal de Pantón co comezo do 2023. Na xornada do día 5 celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na casa da cultura. Farase a entrega dos premios dos diferentes concursos e as súas maxestades recibirán ás nenas e nenos que se acheguen a pedirlles os seus agasallos, poderán gozar ademais doutras propostas lúdicas.

Os máis cativos da casa protagonizan ademais todos os xoves pola tarde, desde medidos de outubro ata maio do 2024 o obradoiro Pequechef Pantón. Nesta actividade participan unha quincena de nenas e nenos a partir de 6 anos. En horario de 16.00 a 17.30 preparan deliciosos pratos e ás portas destas festas, esta semana elaboraron galletas e doces para este Nadal.