Skip to main content
Quiroga

Papa Noel visitou aos nenos e nenas da escola infantil de Quiroga

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

A escola infantil A Galiña Azul recibiu a visita de Papá Noel, na que os nenos e nenas tiñan unhas cartas preparadas con peticións que non dubidaron en entregarlle a este personaxe do Nadal.

Tras a entrega das misivas Papá Noel, este trouxo unhas larpeiradas para estes pequeniños que sacaron fotos e máis fotos que quedaran para o seu recordo.

Para rematar a visita unha foto de familia de todos os nenos e nenas que acudiron a este centro educativo e tamén coas súas mestras e coidadoras.