Skip to main content
Quiroga

O grupo teatral Lila Teatro representarán esta tarde en Quiroga o seu ‘Contos de caverna’

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

Esta tarde, Lila Teatro presentará en Quiroga ‘Contos de caverna’, unha representación teatral que terá lugar a partir das 18.00 horas na Casa da Cultura do municipio.

A obra está dedicada tanto a público infantil como a familiar e terá unha duración de arredor de 50 minutos, nos que se representará unha escena teatral en galego.

A dirección da obra, a recreación do espazo sonoro, o vestiario e o deseño gráfico foron deseñados polo equipo, formado por Lines Lakers e Lara Manzano, creadoras multidisciplinares que tocan os distintos eidos que corresponden á produción teatral.