Skip to main content
Quiroga

Unha actuación teatral de Augas do Sil e un contacontos musical rematarán as actividades do ano en Quiroga

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

O Programa ‘Outono Teatral’ que puxo en marcha o Concello de Quiroga remata esta semana coa actuación do Grupo de Teatro ‘Augas do Sil’ de Ribas de Sil, que representará esta tarde, ás 19.00 horas a obra ‘Nunca é tarde para o amor’, unha comedia que fará rir a todo o público.

Ademais, o venres haberá no municipio un Contacontos Musical a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura coa presentación do conto O Misterio do Tulipán a cargo de Yolanda Álvarez Castro, un acto organizado pola Librería Celia en colaboración co Concello de Quiroga.