Skip to main content
Quiroga

A 9º San Silvestre celebrarase en Quiroga este 31 de decembro

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

Este 31 de decembro terá lugar a 9º edición da carreira andaina solidaria 2023 en Quiroga, organizada polo Concello de Quiroga e polos representantes do deporte quirogués.

Desta maneira, poderán participar todas as persoas interesadas, tanto adultos como nenos, aos que se lles anima a participar disfrazados, xa que haberá un premio dunha cesta para o mellor disfraz e un sorteo de catro cestas de nadal entre todos os participantes.

Ademais, tamén se regalarán unhas gafas led de Fin de Ano para os primeiros 100 inscritos na carreira para que poidan lucilas durante a carreira xunto cos seus compañeiros.

Así, a inscrición realizarase 30 minutos antes da saída, que terá lugar ás 12.00 horas e o custo da participación será achegar dous kg de alimentos perecedoiros para as familias máis necesitadas do Concello.