Skip to main content
Quiroga

‘Nena’ e ‘A Rabia’ foron proxectadas en Quiroga coa presencia do director de cine Alberto Díaz

Por 30 Decembro, 2023Decembro 31st, 2023Sin comentarios

A Casa da Cultura de Quiroga acolleu esta semana a proxección de dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente: “Nena” e “A Rabia”.

Esta proxección, que se enmarca no Circuíto de cinema que organiza a Deputación de Lugo e Mordisco Films, conseguiuse dende as Áreas de Cultura e Dinamización Lingüística do Goberno Local a través da colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Durante as proxeccións, tanto o alcalde como o tenente de alcalde estiveron con Alberto Díaz López, de ‘A Rabia’ para presentar este filme e acompañar aos veciños e veciñas que se achegaron a velas.