Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil acolle unha charla sobre educación en igualdade da man de Pilar Porral

Por 1 Decembro, 2023Decembro 2nd, 2023Sin comentarios

Este venres 1 de decembro o salón de actos do Concello de Ribas de Sil acolle unha charla sobre educación en igualdade dirixida a pais e nais. A iniciativa, que comezará ás 19.00 horas, estará impartida por Pilar Porral.

Esta proposta súmase aos obradoiros de igualdade postos en marcha pola ANPA do CEIP San Clodio. Estas iniciativas coeducativas a través do cine e do teatro para o alumnado desenvólvense ata o vindeiro 5 de decembro.

Trátase dunha serie de propostas subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo pacto de Estado contra a violencia de xénero.