Skip to main content
Ribas de Sil

A música encherá a Casa da Cultura de Pantón este domingo co Grupo Folk Ribas de Sil

Por 13 Decembro, 2023Decembro 14th, 2023Sin comentarios

O Grupo Folk de Ribas de Sil, representado por oito veciños e veciñas de diferentes idades do municipio, actuará o vindeiro domingo, 17 de decembro.

Así, a Casa da Cultura do Concello de Pantón acollerá esta iniciativa a partir das 18.00 horas, un evento organizado pola propia institución local.

Todas as persoas interesadas en participar desta actividade e desfrutar da música destes artistas, poderán facelo de forma libre e gratuíta ata completar o aforo da Casa da Cultura.