Skip to main content
O Saviñao

O grupo Viraventos pechou o ciclo teatral de outono no Círculo Saviñao coa obra ‘A cegueira de Cupido’

O Círculo O Saviñao pecha o ciclo teatral de outono coa última obra de teatro que acolleu no seu salón de actos esta fin de semana, ‘A cegueira de Cupido. Por que o amor nunca é o que parece’, do grupo Viraventos.

Esta cuarta representación foi moi ben recibida polo numeroso público presenta na sala, que demostrou o seu estado de ánimo con frecuentes aplausos.

Desde o Círculo Saviñao quixeron agradecer ao grupo Viraventos o seu espectáculo e tamén á Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo promover esta actividade.

Mentres, desde o grupo teatral quixeron agradecer as “facilidades e felicitacións recibidas. Foi un gran pracer desfrutar do público tan acolledor que nos acompañou na actuación”.