Skip to main content
O Saviñao

O concurso de postais de Nadal do Concello do Saviñao xa ten gañadores

O alumno do C.P.I. Dr. López Suárez en O Saviñao, Noé, vén de gañar o concurso de postais de Nadal promovido polo Concello do Saviñao coa intención de promover o espírito de Nadal.

Así, quixeron dar grazas a “todos os premiados, xa que sen vós esta iniciativa non tería sentido”, explicaron, apuntando a que a participación neste tipo de iniciativas favorecen a ilusión na comunidade veciñal.

Noé foi así o gañador na categoría ESO e na absoluta, mentres que Aldara foi a gañadora na categoría de Infantil, Chloe na categoría Primaria A e Ariadna na categoría Primaria B.