Skip to main content
O Incio

Organízase a ‘Feira Brava’ no Incio como antesala dunha nova edición do Festival Terra Brava

Por 17 Decembro, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Festival Terra Brava, que se organiza todos os anos en agosto no Incio, organizan unha nova actividade para o vindeiro 22 de decembro no local social do Incio.

Así, esta será unha ‘Feira Brava’, que será a antesala da vindeira XXI edición do festival o ano que vén e servirá para recadar fondos para a organización deste evento de música galega.

Luis, un dos organizadores, anima a toda a xente a participar, xa que será unha cea para todos os integrantes e persoas que colaboran e queiran colaborar co festival que comezará a partir das 00.00 horas para extenderse ata as 04.00 horas, nas que se encherá o local de música e festa.