Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

As ximnastas do Club Xirandela remataron a tempada no Campionato Nacional Base de Conxuntos

Por 1 Decembro, 2023Decembro 2nd, 2023Sin comentarios

As xuvenís profesionais da ximnasia rítmica do Club Xirandela de Sarria participaron do Campionato Nacional Base de Conxuntos que tivo lugar no Navarra Arena o último fin de semana de novembro.

Así, por segunda vez Navarra acolleu 18 días de competición dedicadas á ximnasia no que participaron máis de 7.000 deportistas en catro campionatos de tres disciplinas de ximnasia.

As catro citas están organizadas pola Real Federación Española de Ximnasia e a sociedade pública de Gobierno de Navarra NICDO, en colaboración coa Federación Navarra de Ximnasia.

Coa participación na competición o club pechou a tempada “orgullosísimas do traballo das ximnastas e felices polo moito que desfrutaron desta experiencia, premio a moitos anos de traballo”, sosteñen desde o club.