Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Raquel Salgado será unha das adestradoras no Campus de Nadal do CB Sarria

Por 10 Decembro, 2023Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

O Campus do Nadal organizado polo C. B. Sarria acaba de anunciar unha das súas adestradoras. Raquel Salgado será unha das profesionais no estreado Campus que organiza o equipo durante as vacacións de Nadal, os vindeiros 26 e 29 de decembro.

Salgado conta cunha excelente traxectoria no mundo do baloncesto grazas aos seus máis de 20 anos de experiencia na formación de talentos, á súa paixón polo xogo e a súa destreza para desenvolver habilidades nos xogadores e xogadoras que son realmente excepcionais.

Traballou con equipos de diferentes idades e xa demostrou unha dedicación inquebrantable para axudar aos máis novos a alcanzar o seu máximo potencial neste deporte. O seu enfoque no desenvolvemento técnico e táctico, así como a súa capacidade para fomentar a ética de traballo e compañeirismo convértena nunha gran elección para formar parte do corpo técnico da proposta.

A iniciativa do Campus está dirixida a xogadores e xogadoras nados entre o ano 2006 e 2015, é dicir, que teñan entre 8 e 17 anos. Estes poderán participar do campus en réxime externo con comida incluída ou en réxime interno, con almorzo, comida, cea e cama nunha habitación compartida.