Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O CB Sarria presenta varias novidades para o seu Campus do Nadal, no que aínda se pode participar

Por 19 Decembro, 2023Decembro 20th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do primeiro Campus do Nadal, do CB Sarria, que terá lugar entre os días 26 e 29 de decembro na vila, anuncian que extenden o prazo de inscrición ata este venres, 22 de decembro.

Por isto, se algún neno, nena ou familia aínda non se apuntou e está pensando en facelo, aínda hai prazas e pode apuntarse para desfrutar dunha experiencia deportiva de catro días durante estas vacacións de Nadal.

Ademais, informan de que conseguiron o permiso de acceso diario á piscina climatizada para todos os asistentes ao Campus para que, así, despois dos adestramentos, poidan relaxarse nas instalacións da piscina de Sarria.

Adestradores do Campus

Por outra banda, esta primeira edición do Campus do Nadal do CB Sarria contará con intensos adestramentos para todos aqueles nenos e rapaces de entre 8 e 17 anos que queiran seguir formándose no baloncesto durante o Nadal, á par que pasan un tempo divertido.

Por isto, desde o CB Sarria apostan pola calidade á hora de elixir os adestradores que os acompañarán do 26 ao 29 de decembro, entre os que se atopan Raquel Salgado, Carlos Maceiras, que é profesor da Escola Galega de Adestradores e será adestrador no Campus; Adrián López, que será adestrador e coordinador do Campus do Nadal, e Miguel Ángel Hoyo Ramos, director de diversos Campus de baloncesto e será adestrador do Campus do Nadal de Sarria.