Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Sarria Bikers organiza unha Motonoelada que rematará cunha chocolatada este domingo

Por 23 Decembro, 2023Sin comentarios

Este domingo, 24 de decembro, día de Noiteboa, terá lugar en Sarria a Motonoelada organizada por colectivo Sarria Bikers e que rematará cunha chocolatada para todos os moteiros.

Así, esta iniciativa comezará ás 17.30 horas, saíndo desde a rúa Castelao xunto ao pavillón de baloncesto e percorreranse as rúas do Concello de Sarria.

Poderán participar dela todas as persoas interesadas que cumpran certos requisitos, que se refiren a levar traxe de Papá ou Mamá Noel, unha moto adornada e moito lucerío.