Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

O 30 de decembro terá lugar a 1º Carreira Andaina Solidaria de Nadal do Puebla Futsal de Láncara

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

O equipo Puebla Futsal de Láncara organiza a 1ª Carreira Andaina Solidaria de Nadal do Puebla Futsal este vindeiro 30 de decembro, que comezará na glorieta da Urbanización de Valdriz da Pobra de San Xiao.

O percorrido será de 3.300 metros por toda á xeografía da Pobra e as persoas interesadas en participar poderán facelo tanto correndo como andando, xa que o motivo da carreira é recadar fondos para a Asociación de Persoas Sen Diagnóstico ‘Objetivo Diagnóstico’.

Así, o itinerario do percorrido consistirá en saír na glorieta da Urbanización de Valdriz, pasar pola rúa Valdriz, ir pola travesía Julio Iglesias, despois pola rúa Benigno Quiroga, pasar a Agreimunde, ir ata o paseo Do Ferrocarril e despois ata a rotonda da Pobra, para logo volver por Benigno Quiroga ata chegar á meta, que será na rúa da Estación.

Ao remate da carreira haberá chocolatada por cortesía da Asociación de Mulleres Rurais ‘O noso lar’ para todas as persoas inscritas na actividade na rúa da Estación.

Para inscribirse, as persoas de 0 a 16 anos deberán pagar un euros e os de máis de 16 anos, 3 euros; e poderán apuntarse no Café Bar O Xeitoso, no Café Bar Avenida, no Efer Galicia, no Comercial Luseiro, ou na Peluquería Mario.