Skip to main content
O Incio

O primeiro taller de coroas de Nadal do Incio “foi todo un éxito”

Por 7 Decembro, 2023Decembro 8th, 2023Sin comentarios

O primeiro dos talleres de coroas de Nadal que tivo lugar no local Multiusos do Concello do Incio foi todo un éxito de participación, segundo explican desde o Concello, xa que “tivo moi boa acollida”.

A construción das coroas de Nadal desenvolveuse nun traballo en equipo por parte das participantes, que mostraron unha gran dedicación e traballo para conformar estes adornos de Nadal.

Despois de esta boa acollida, desde o Concello do Incio informan de que se desenvolverá outro taller de coroas de Nadal o vindeiro día 17 de decembro ao que as persoas interesadas xa poden apuntarse.