Skip to main content
O Incio

A Asociación As Cavarcas do Incio desenvolveu unha actividade sobre a reciclaxe cos máis pequenos

O alumnado de Primaria do Ceip Ricardo Gasset do Incio participou nunha charla sobre a reciclaxe promovida pola Asociación As Cavarcas, que ten por obxectivo conservar, recuperar e poñer en valor todo o patrimonio natural, histórico e cultural que sexa posible.

Así, durante a xornada, os nenos e nenas do Incio puideron aprender moito sobre a reciclaxe, os distintos tipos de contedores e as opcións que teñen para poder promover un mundo máis sostible.

Desde a Asociación As Cavarcas organizan diferentes actividades anuais co fin de poñer en valor o patrimonio do Incio e ademais tamén fan actividades dirixidas ás futuras xeracións como esta.