Skip to main content
O Incio

A Furgoteca visita de novo o Concello do Incio

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O servizo da Furgoteca volve ao Concello do Incio durante o día de hoxe, comezando o seu percorrido ás 11.00 horas na parroquia de Eirexalba. Logo, ás 12.00 horas irá ata a Laiosa, ás 12.50 horas irá ata Penaxubeira e ás 14.00 horas estará no centro sociocultural da Cervela. Xa ás 15.00 horas parará en Santo Eufrasio, no Val do Mao.

Ademais, a Furgoteca volverá ao municipio do Incio o vindeiro día 22 de decembro, aínda que só fará unha parada, en Santa Cruz, diante do centro sociocultural ás 11.40 horas e ata as 14.50 horas.

O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca asentarase nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais.

A iniciativa mantense en funcionamento nos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.