Skip to main content
Axenda CaducadaO Incio

Os veciños do Incio poderán participar nunha charla sobre alimentación e hábitos saudables

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

A asociación As Xeitosas, en colaboración co Concello do Incio, ofrece unha nova charla informativa. A proposta, que será de carácter gratuíto, tratará sobre sobre alimentación e hábitos saudables.

A proposta será o vindeiro venres 15 de decembro ás 19.00 horas no multiusos do Concello e estará a cargo de Iván Fernández, licenciado en Ciencias da Actividade física e do Deporte e formado en Nutrición e Alfonso García, farmacéutico e experto en Psiconeuroinmunoloxía Clínica.

A través da xuntanza, os asistentes poderán aprender a mellorar os seus problemas de saúde a través da alimentación, o exercicio e outros hábitos saudables e poderán coñecer consellos para acadar o peso ideal e mantelo sempre.