Skip to main content
O Incio

Rematan os talleres de decoración de coroas de Nadal no Incio con bo sabor de boca

Por 19 Decembro, 2023Decembro 20th, 2023Sin comentarios

O Incio acolleu a segunda e última xornada de decoración de coroas de Nadal, unha actividade manual na que participaron arredor de 11 veciños e veciñas do municipio.

A construción das coroas de Nadal desenvolveuse nun traballo en equipo por parte dos participantes, que mostraron unha gran dedicación e traballo para conformar estes adornos de Nadal.

Despois da primeira xornada e a súa boa acollida, desde o Concello do Incio confiaban que nesta segunda quenda tamén se animaran bastantes persoas, o que sucedeu, polo que están contentos de ter desenvolvido estas actividades.