Skip to main content
Láncara

O PP critica o estado da estrada LU-P-2702 que comunica varias parroquias de Láncara

Durante unha visita a Láncara, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, acompañado pola viceportavoz e portavoz do PP en Sarria e os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Láncara, puideron comprobar “o mal estado da vía provincial LU-P-2702 que comunica A Reboleira, Santalla de Lagos e Busto, que presenta importantes baches e socavóns froito do seu abandono por parte do goberno provincial”.

A situación é similar no caso da estrada LU-P-5701 que comunica Sarria, Céltigos e Armea, critican os populares, que amosan a súa solidariedade cos veciños ante o estado destas vías “que é moi mellorable”.

Ameijide subliña que “a falta de mantemento da rede de estradas provinciais é habitual nos distintos concellos da provincia”. Ao respecto, o popular sinala que “se nota nos Concellos gobernados polo PP, pero tamén en Concellos onde goberna o PSOE e nos que veteranos deputados do PSOE son concelleiros e tenentes de alcalde coma é o caso de Láncara”.