Skip to main content
Láncara

Os veciños da Pobra de San Xiao organizan un concurso de Beléns de Nadal

Por 11 Decembro, 2023Decembro 12th, 2023Sin comentarios

Os veciños e veciñas da parroquia da Pobra de San Xiao de Láncara organizan un concurso de Beléns de Nadal para conmemorar os 800 anos do primeiro Belén feito por San Francisco de Asís.

Así, animan a todos os seus concidadáns a participar desta iniciativa e do concurso mandando a foto do seu belén decorado antes do 22 de decembro ao número 658 171 815 ou a través do mail parroquiadepuebla@gmail.com.

Tras recibir todas as imaxes, o día 23 de decembro o xorado elixirá ao gañador do concurso, que se levará unha cesta de Nadal para desfrutar na cea de Noiteboa.