Skip to main content
Láncara

As empresas interesadas en subministrar composteiros en cubos para biorresiduos en Láncara xa poden presentarse

Por 14 Decembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara vén de sacar a licitación o subministro de 38 composteiros domésticos e 392 cubos para biorresiduos que se produzan no fogar.

As empresas interesadas en levar a cabo este servizo xa poden presentarse ao concurso, que é público, ata este venres, 15 de decembro a través da páxina web do Concello de Láncara.

Os composteiros deberán ter unha capacidade de entre 300 e 400 litros e deberán estar fabricados con polipropileno reciclado, mentres que os cubos deberán incorporar a identificación dos materiais que se poden depositar neles.

Esta iniciativa, para a que se necesitan 6.268 euros, está financiada polos fondos europeos e polo Concello de Láncara, cos que se subvencionarán os gastos sufragados deste servizo, concretamente con 2.142 euros este ano e 2.520 para o ano que vén pola parte europea e o resto da man do Goberno local.

O 27 de decembro deberán haber xa no Concello de Láncara 21 composteiros e 156 cubos domésticos de biorresiduos, mentres que os demais poderán ser entregados ao Concello de Láncara ata o día 31 de decembro.