Skip to main content
Láncara

Os nenos e nenas de Láncara representarán un ‘pesebre vivente’ o vindeiro día 22

Por 16 Decembro, 2023Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

Láncara acollerá unha representación teatral levada a cabo polos nenos e nenas da parroquia consistente nun ‘Pesebre Vivente’.

Así, o vindeiro 22 de decembro todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán desfrutar dela na Praza dos Labregos a partir das 17.00 horas.

Esta iniciativa, ademais de ser unha representación especial do Nadal, incluirá unha chocolatada para todas as persoas asistentes.