Skip to main content
Láncara

O CPI Ramón Piñeiro acolle este xoves o Festival de Nadal do alumnado

Por 20 Decembro, 2023Decembro 21st, 2023Sin comentarios

Este xoves, 21 de decembro, celébrase o Festival de Nadal do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, un acto preparado “con ilusión para o profesorado e alumnado”. O acto, presentado por Yanira e Uxía, de 4º da ESO, celebrarase no ximnasio do centro a partir das 12.30 horas.

Durante este festival de Nadal, actuarán todos os cursos, desde 1º de Infantil, pasando pola Educación Primaria e rematando en 4º da ESO. Estas actuacións acollerán bailes, teatro, interpretacións de cancións e de música.

Por outra parte, durante este Festival de Nadal, ao que están convidados todos os membros da comunidade educativa, tamén haberá un mercado de libros para levar de balde.