Skip to main content
Samos

Voluntarios de distintos países europeos rematan un proxecto turístico para impulsar Samos

Por 2 Decembro, 2023Decembro 3rd, 2023Sin comentarios

Este venres Samos despediu ao equipo de voluntariados e voluntarias do programa European Solidarity Corps, que viñeron a Lugo a desenvolver o proxecto Digital Lugo Creative Residence.

Durante estes días, o grupo de mozos e mozas de Italia, Alemaña, Portugal, Irán, Marrocos, e Túnez analizaron as posibilidades que ten o Concello en canto á aplicación das tecnoloxías ao turismo ademais de traballar con ferramentas de deseño para crear unha nova imaxe da zona.

Nos vindeiros meses verán a luz un vídeo novo sobre Samos, unha nova imaxe para o merchandaising, unha plataforma de realidade virtual, unha audioguía, varias rutas dixitais ou varios folletos do Concello.