Skip to main content
Sarria

A Anpa do colexio Frei Luís de Granada de Sarria foi recoñecida cunha placa polo proxecto ‘Convivindo na igualdade’

Por 1 Decembro, 2023Decembro 2nd, 2023Sin comentarios

A Anpa do Frei Luís de Granada vén de recibir unha figura cunha placa como recoñecemento á súa implicación na sociedade sarriá en materia de igualdad eco seu proxecto ‘Convivindo na igualdade’, subvencionado pola Secretaría de Igualdade.

Este premio foi concedido pola Concellería de Igualdade do Concello de Sarria, á cabeza do que está Isabel Vergara, quen lles entregou este distintivo aos representantes da Anpa.

O programa ‘Convivindo na igualdade’ xa chegou a máis de 700 familias e millares de persoas, segundo explican desde a Anpa e, ademais, favoreceu o bo ambiente entre os diferentes centros educativos da vila sarriá.