Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O CB Sarria organiza o primeiro Campus do Nadal para xogadores de entre 8 e 17 anos

Por 3 Decembro, 2023Decembro 4th, 2023Sin comentarios

O equipo de baloncesto CB Sarria organiza o primeiro Campus do Nadal que terá lugar entre os días 26 e 29 de decembro na vila, ao que os nenos e nenas interesados xa poden apuntarse.

Esta iniciativa está dirixida a xogadores e xogadoras nados entre o ano 2006 e 2015, é dicir, que teñan entre 8 e 17 anos. Estes poderán participar do campus en réxime externo con comida incluída ou en réxime interno, con almorzo, comida, cea e cama nunha habitación compartida.

Durante o campus, os nenos e nenas participantes poderán desfrutar de adestramentos intensivos con adestrador de primeiro nivel no ámbito do baloncesto formativo, desenvolver as súas capacidades técnicas e tácticas, xogar e competir individualmente e por equipos, e terán a oportunidade de facer novos amigos e desfrutar do deporte que lles gusta.

Desta maneira, desde o CB Sarria animan a todos os cidadáns de Sarria a participar deste primeira Campus para “facer destas vacacións de Nadal unha experiencia inolvidable para todos aos que lle guste o baloncesto”.