Skip to main content
Sarria

A exposición ‘Vacas e terra’ de Matías Oñate xa pode visitarse en Sarria

A Antiga Prisión Preventiva de Sarria acolle a exposición fotográfica ‘Vacas e terra’, de Matías Oñate, tataraneto de Matías López, ilustre chocolateiro sarriao.

Esta exposición, na que se poderán observar vacas e paisaxes da terra galega, permanecerá aberta ata o día 12 de xaneiro e poderá visitarse de luns a venres.

Así, as persoas interesadas en visualizar as obras do artista poderán facelo en horario de 9.00 a 14.30 horas, só pola mañá.